A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebra o Día de Galicia cun concerto

AMariñaXa
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves
banda-de-musica-de-ribadeo
24 Xul 2024

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.

0.1640260219574