A banda mariñá La mala vida actua en Cervo o sábado
AMariñaXa
A banda mariñá La mala vida estrea disco con temas propios en Cervo. O concerto será o sábado 11 na praza do Souto ás 20.30 horas.
10 sep 2021
A banda mariñá La mala vida estrea disco con temas propios en Cervo. O concerto será o sábado 11 na praza do Souto ás 20.30 horas.
A organización lembra que para asistir será necesario anotarse e poderase facer media hora antes na mesma ubicación.
O grupo mariñao está composto por Marcos Curto e Belén Menéndez, ambos de Xove, Leo Salinas, de San Cibrao, e Óscar Fédez, de Viveiro e caracterízase por facer versións de outros artistas aínda que no seu novo disco engaden 5 temas propios.