A Banda de Música O Landro de Viveiro ofrece un concerto de Nadal

AMariñaXa
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro celebrará o vindeiro domingo 26 de marzo a tradición local do Día das Tortillas
Banda Municipal de Musica O Landro de Viveiro
18 Dec 2023

A Banda de Música O Landro de Viveiro ofrecerá un concerto de Nadal o vindeiro sábado 23 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20.30 horas.

A entrada para este concerto é totalmente de balde e nel poderase gozar da musica e cancións máis destacables desta época do ano, todo elo baixo a batuta de Rodrigo Rodríguez.

"Unha posta en valor do talento novo que se respira dentro da xa centenaria agrupación", di o director da banda, Carlos Timiraos.

Esta banda contará con Antón (saxofón), Samuel (trombón), Victor (bombardino), Leandro (xilófono), Camilo ( frauta) quen serán os encargados de regalar música solista aos asistentes.

0.18835115432739