A banda de música do Landro prepara dous concertos de primavera
AMariñaXa
A banda de música do Landro de Viveiro prepara dous concerto baixo o nome Melodías na primavera e estarán dirixidos por Carlos Timiraos.
23 May 2022
A banda de música do Landro de Viveiro prepara dous concerto baixo o nome Melodías na primavera e estarán dirixidos por Carlos Timiraos. O primeiro deles será na praza da Fontenova o 3 de xuño ás 20.30 horas, e o segundo o 17 de xuño ás 20.30 horas na praza do Naúfrago de Celeiro.
As orixes da banda de música de Viveiro remóntanse ao ano 1848 e o seu primeiro concerto foi no 1917. A última etapa da banda comezou en agosto do 2015 cando colleu as rendas Carlos Timiraos. Nos últimos tempos a el precedéronlle como directores Delio Represas (2005-2015), Linas Baltusis (uns meses do 2005), Francisco Javier Vidal (1994-2005), Carlos Méndez (1992-1994), Alfonso Mariño (1962-1992), Antonio Amigo (1960-1961) ou Alfonso Mariño Parapar (1957-1960).