A Banda de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do 25 de xullo

AMariñaXa
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria este domingo, día 25
musica banda orquestra
23 Xul 2021

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria este domingo, día 25, enfronte do edificio de Aduanas. Haberá control de aforo e outras medidas anticovid.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “como cada 25 de xullo, chega o concerto do Día da Patria da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que este ano cambia de situación debido á normativa covid: será enfronte do edificio de Aduanas, que é un dos sitios onde podemos manter a distancia de seguridade entre os músicos. Será ás nove da tarde e o aforo estará controlado, polo que cada persoa que asista ten que dar os seus datos, pola normativa actual para espectáculos”.

David Ballester engade que “o repertorio será variado, pero tendo en conta que é o concerto do Día da Patria Galega interpretaremos pezas de compositores galegos ademais doutras obras. Animamos á xente que estea por Ribadeo este domingo a asistir a este concerto e recordamos que é obrigatorio o uso de máscara, a distancia social e todo o que temos que ter en conta hoxe en día para que poidamos saír deste momento tan pésimo que estamos a vivir”.

banda ribadeo concerto dia patria
0.15929102897644