A Banda de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas este sábado
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas este sábado, día 14, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester, explicou: “intentando seguir coa nova normalidade a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai continuar a súa actividade cun dos seus concertos habituais na súa programación, que é o das Letras Galegas e terá lugar o sábado 14 de maio ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. Como é habitual neste concerto das Letras Galegas o repertorio que imos ter nos nosos atrís inclúe obras tanto de compositores galegos como de temática galega, aínda que tamén tocaremos outras de diferentes estilos. Neste concerto interpretaremos dúas pezas que serán tocadas por primeira vez pola Banda”.
David Ballester invita “a toda a xente a que se achegue o sábado 14 a gozar da música de compositores galegos co son da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.