A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue recoñeceu a Viveiro como un dos concellos máis destacados na súa colaboración

AMariñaXa
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue recoñeceu Viveiro como un dos concellos máis destacados na súa colaboración coa institución
ADOS Concello de Viveiro 1
15 Xuño 2023

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, ADOS, recoñeceu ao Concello de Viveiro como un dos concellos máis destacados na súa colaboración coa institución, nunha gala celebrada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela por mor do Día Mundial do Doante de Sangue.

O encargado de recibir a distinción en nome do Concello de Viveiro foi Jesús Fernández Fernández, primeiro tenente de alcalde e concelleiro en funcións encargado das áreas de Economía e Facenda, Mar, Participación Cidadá, Desenvolvemento Local e Conservatorio Profesional de Música.

Na gala, a ADOS recoñeceu a labor de colaboración coa doazón de sangue e órganos de diversas entidades públicas e privadas, dende concellos e centros de ensino ata empresas e influencers. O Concello de Viveiro, entre outros, foi distinguido como “un dos máis destacados na colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue” ao longo dos seus 30 anos de historia.

0.096078157424927