A Avenida da Mariña reábrese hoxe ao tráfico tras máis dun mes de obras

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz cumpre o prazo marcado e restablece a circulación habitual na rúa Álvaro Cunqueiro
FOZ-AVENIDA-DA-MARInA-(FOZ)
11 Apr 2025

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anunciou que a Avenida da Mariña quedará aberta ao tráfico a partir das 11 da mañá deste venres, logo de máis de trinta días de traballos de mellora. A reapertura implica tamén o retorno da rúa Álvaro Cunqueiro á súa configuración habitual, co tráfico en sentido Ribadeo, tal e como estaba antes das intervencións.

O mandatario local explicou que aínda restan por executar os labores de sinalización horizontal e vertical, que se realizarán despois da Semana Santa. “Queremos pedir desculpas a todos os veciños e comerciantes polos inconvenientes causados durante estas semanas. As obras eran necesarias e tratamos de levalas a cabo no menor tempo posible”, indicou Cajoto.

O alcalde destacou que o Concello cumpriu co compromiso de abrir a vía antes das vacacións: “Xa lles comunicáramos aos afectados que o obxectivo era reabrila antes de Semana Santa e conseguimos cumprilo”. Tamén sinalou que o Goberno local continuará traballando na mellora das infraestruturas urbanas: “Seguimos traballando para acondicionar as rúas e mellorar o espazo público para todos”.

⚙ Configurar cookies
0.16727614402771