A Autoridade Portuaria colaborará coas actividades da fundación Expomar

AMariñaXa
A Autoridade Portuaria colaborará coas actividades da fundación Expomar para reforzar os seus vínculos coa feira
AUTORIDADE PORTUARIA COLABORARÁ COAS ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN EXPOMAR
11 Nov 2022

A finalidade desta xuntanza, na que tamén participaron o xerente da Fundación  Expomar, José Manuel González ‘Brais’, e Pablo Fernández Asensio, membro do  consello de administración da Autoridade Portuaria; foi abrir unha línea de  colaboración entre ambas entidades para reforzar os seus vínculos coa feira  Expomar. 

Ademáis de axudar na difusión e promoción das diferentes actividades que a  Fundación Expomar leva a cabo durante todo ano, a Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao confirmou a súa presenza na próxima edición da feira náutico Pesqueira Expomar cun stand de 50 metros cadrados no evento que se celebrará en Burela do  10 ao 13 de maio de 2023. 

Os representantes da Fundación Expomar amosáronse moi satisfeitos de sumar  este novo apoio de cara a unha nova edición da feira, a primeira despois da  pandemia e que por primeira vez terá lugar de mércores a sábado. Debido á alta  demanda de expositores, a superficie de exposición da feira ampliarase en máis de  1.200 metros cadrados con respecto á última edición, superando os 5.000 metros  entre o interior da nave de redes e unha carpa anexa no porto de Burela. 

A Fundación Expomar continuará mantendo novas reunións con outros organismos  do mundo da pesca para promocionar e reforzar os seus vínculos coa feira  Expomar, de cara a unha 19ª edición que agardan sexa a máis completa da súa  historia.

0.17034006118774