A Aula da UNED de Viveiro mantén aberto o prazo de matrícula para o novo curso

AMariñaXa
Aquelas persoas que non teñan titulación necesaria para matricularte nos grados, poden facelo no curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos
uned-viveiro-2022
30 sep 2024

A Aula da UNED de Viveiro mantén aberto o prazo de matrícula para o curso 2024/25 ata o 22 de outubro. Os veciños e veciñas de Viveiro poden elixir entre 30 grados sen límite de prazas e sen nota de corte. A alcaldesa, María Loureiro, destaca “a ampla oferta e a colaboración fluída coa UNED, que no Concello de Viveiro está máis que consolidada, e que é garante de formación universitaria de calidade e proximidade para a sociedade mariñá”.

Aquelas persoas que non teñan titulación necesaria para matricularte nos grados, poden facelo no curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos. Dende o 23 de setembro o 23 de outubro permanecerá aberta tamén a
matrícula na UNED Senior (maiores de 55 anos) para as seguintes asignaturas: ‘Aproximación á historia do cine galego’, impartida os martes de 18.00 a 20.00 horas, e ‘A historia da arte: camiño da contemporaneidade’, impartida os xoves nese mesmo horario.

0.12088894844055