A Aula CEMIT do Vicedo pon en marcha novos cursos de verán para os nenos
AMariñaXa
Ofertan formación en mecanografía, procesador de texto, programación con scratch e robótica
29 Xuño 2024
A Aula CEMIT do Vicedo pon en marcha novos cursos de verán para os nenos. Son todos de carácter gratuíto aínda que contan con prazas limitadas. Deste xeito, ofertan formación en mecanografía, procesador de texto, programación con scratch e robótica.
As propostas para rapaces a partir de 7 anos teñen lugar os martes e xoves pola mañá, os grupos de 9 van os martes e os xoves e os de 11, os luns e mércores. Os interesados poden solicitar máis información contactando con Aula CeMIT na casa da cultura do Vicedo ou a través dos correos cemit.ovicedo@gmail.com e cemit.ovicedo@xunta.es ou do teléfono 982 590 195.