A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá unha charla sobre a transparencia na administración
O vindeiro 21 de abril a Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha charla sobre os datos abertos da administración. Para asistir é preciso inscribirse.
Desde a Aula CeMIT comentan que “con frecuencia escoitamos falar da transparencia da administración, os datos abertos e a participación cidadá. Falarase sobre qué implica este concepto, qué datos se recollen, cémo podemos consultalos e cómo podemos participar”.
Deste xeito seguirá a serie de seminarios que se impartirán nos próximos meses na Aula CeMIT.
A charla sobre os datos abertos da administración será o 21 de Abril de 10:30 a 11:30 horas. O prazo de inscrición comeza hoxe, 11 de abril, en horario de 09:00 a 14:00 horas nos teléfonos 982 12 98 89 ou 982 12 07 32 e tamén a través do correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal