A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá un novo curso de ciber seguridade
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciber seguridade. Será o 23 de maio en horario de 11.30 a 13.00 horas.
Desde a Aula CeMIT indican que “para participar é preciso inscribirse. As reservas comezan dende hoxe e poden facerse no teléfono 982 120 732 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal. O prazo de inscrición telefónica estará aberto ata o 5 de maio. No correo poderás facer a túa solicitude de reserva ata o último día”.
E explican que “conscientes do reto que supón para gran parte da poboación o avance da dixitalización, queremos que saibas que podes contar con nós para superar as barreiras que atopas no teu día a día e, o máis importante, que o fagas con seguridade. No curso daremos unha visión global sobre a actualidade da dixitalización, veremos os riscos que debes ter en conta ao navegar pola web, e sobre todo, daremos as medidas recomendadas para que o fagas de forma segura”.