A aula Cemit de Ribadeo acollerá as probas universitarias para alumnos con dificultades

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá a realización de exames universitarios destinados a aquel alumnado con dificultades para examinarse online desde os seus fogares.
Algún dos sendeiros do percorrido do Trail das Bestas.
3 Xuño 2020

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá a realización de exames universitarios destinados a aquel alumnado con dificultades para examinarse online desde os seus fogares.

A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “a Amtega xunto coa Fegamp e as tres Universidades galegas asinaron un acordo para posibilitar a realización destas probas que se desenvolverán ata o vindeiro 31 de xullo. E o Concello de Ribadeo súmase a esta iniciativa”.

A edil nacionalista dixo que “o alumnado interesado en acudir á Aula CeMIT ribadense deberá rexistrarse como usuario da Rede CeMIT na web de CeMIT, premendo o botón alta novo usuario. Ao finalizar o proceso remitirase un correo electrónico coa confirmación da alta, o nome de usuario e contrasinal”.

E engadiu que “os interesados terán ademais que solicitar a reserva de praza para poder realizar o exame na Aula de Ribadeo con máis dunha semana de anticipo. Para iso deberá acceder á web CeMIT, incluír no buscador Conectividade-Exame para universitarios e premer na lupa para buscar, tamén será posible filtrar por centro, por localidade, etc… Unha vez atopada a convocatoria de exame na localidade, día e hora correcta, seleccionarase o botón Reservar (esta opción estará habilitada sempre que haxa prazas dispoñibles). Finalmente haberá que introducir o usuario e contrasinal facilitados no correo durante o proceso de alta, premer en Solicitude de inscrición e recibirase un correo cunha notificación coa solicitude de matrícula. Despois haberá que esperar a que o responsable da Aula CeMIT acepte a solicitude, ante calquera dúbida deberá contactarse co axente TIC por teléfono ou correo electrónico”.

Mariluz Alvarez dixo que “unha vez aceptada a solicitude o alumno presentarase na Aula coas medidas de seguridade recomendadas, mantendo a distancia de seguridade de dous metros, emprego de luvas e mascarilla e hixiene de mans. As mascarillas, luvas e demais obxectos de protección serán por conta do alumno. As persoas que vaian realizar os exames deberán levar o equipamento propio para a realización das probas como portátil, tablet ou o dispositivo que dispoña dos requirimentos necesarios. A través do teléfono móbil pode darse de alta para o uso da rede Wifi da Xunta de Galicia e terá que presentarse con trinta minutos de adianto á proba do exame para poder conectar á rede o equipamento e facer as comprobacións oportunas. No caso de que a proba a realizar conteña audio o alumno levará auriculares para non molestar ao resto de usuarios”.

Os interesados poden aclarar as dúas dúbidas na Oficina CeMIT no correo cemit@xunta.gal ou no teléfono 981 910 359. Tamén poden dirixirse á Aula CeMIT de Ribadeo no 982 120 732. 

0.15501499176025