A Asociación Veciñal Santa Filomena do Cadramón organiza a súa festa o sábado

AMariñaXa
A parroquia valadourense de O Cadramónacollerá as festas na honra de Santa Filomena o vindeiro 10 de xuño de 2023.
esta de Santa Filomena Cadramon Valadouro 2
6 Xuño 2023

O próximo sábado día 10 de xuño, logo de 8 anos dende a última vez, volverá a haber festa de Santa Filomena no Cadramón. A Asociación Veciñal Santa Filomena do Cadramón organiza a festa coa colaboración económica da CMVMC do Cadramón.

Haberá misa na capela ás 12.30 horas, a continuación procesión e sesión vermú a cargo da A.C. Amado Lar e do Trío Zafiro. Hai posibilidade de quedarse a comer no campo da festa, previa reserva antes do día 6 de xuño.

O menú, elaborado por Seiramar, consta de empanada, churrasco, postre, bebida, café e chupito. Adultos, 25€ persoa, Nenos de 5 a 12 anos, 12€/neno e nenos menores de 5 anos gratis.

Á tardiña haberá un pase de música para amenizar a sobremesa e logo ás 22.00 horas dará comezo a verbena co Trío Zafiro e o Dúo Sonidos.

Dende a organización agradecen a Seiramar Espectáculos representante dos festexos, e tamén agradecen a colaboración do Concello do Valadouro e do Concello de Alfoz así coma a dos veciños que botaron unha man para que esta festiña saíse adiante.

esta de Santa Filomena Cadramon Valadouro 1
0.13811898231506