A Asociación Terras de Lourenzá organiza un fin de semana de sendeirismo en Somiedo

AMariñaXa
A viaxe terá lugar do 26 ao 28 de setembro con varias rutas de distinta dificultade e prazas limitadas
terras-de-lourenza-sendeirismo-1
11 Sep 2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara unha nova saída á natureza cunha viaxe ao Parque Natural de Somiedo, en Asturias, os días 26, 27 e 28 de setembro de 2025. A expedición partirá o venres 26 ás 18:00 horas do Cantón de Vilanova e contará cun programa variado de rutas adaptadas a diferentes niveis de dificultade.

O sábado 27, os participantes poderán escoller entre tres percorridos: Braña de Sousas (7 quilómetros, dificultade baixa), Valle de la Salgada (12 quilómetros, dificultade media) ou Peña La Salgada (16 quilómetros, dificultade alta). Xa o domingo 28 haberá dúas alternativas: Lagos de Saliencia (8 quilómetros, dificultade baixa) ou Altas Cumbres de los Lagos (13 quilómetros, dificultade media).

O prezo da actividade é de 145 euros para socios e 155 euros para non socios, incluíndo media pensión no aloxamento. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición ata o luns 22 de setembro ás 14:00 horas, a través do teléfono de contacto da organización.

Desde a asociación subliñan que esta iniciativa busca promover o deporte ao aire libre e o coñecemento dun espazo natural de gran valor, ao tempo que se fomenta a convivencia e o turismo sostible.

⚙ Configurar cookies
0.16682910919189