A Asociación Saúde Mental A Mariña segue co seu proxecto 'Conecta co Mar. O mar é vida'

AMariñaXa
Este proxecto contempla a realización de actividades vinculadas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo pesqueiro
Asociación-Saúde-Mental-A-Mariña-'Conecta-co-Mar.-O-mar-é-vida'.
Asociación-Saúde-Mental-A-Mariña-'Conecta-co-Mar.-O-mar-é-vida'.
15 Xul 2024

A Asociación Saúde Mental A Mariña está a desenvolver dende o mes de xuño o proxecto 'Conecta co Mar. O mar é vida'.

Este proxecto contempla a realización de actividades vinculadas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo pesqueiro e de sensibilización e coidado do medio mariño, a través da cultura marítima para incrementar o benestar psicolóxico e social da persoas con enfermidade mental, achegándoas dunha maneira activa e consciente ao mundo do mar.

"Pretendemos utilizar o patrimonio cultural das zonas pesqueiras para a atención e coidao da saúde mental, especialmente para a prevención do suicidio, aumentar o coñecemento do patrimonio cultural na zona pesqueira do Galp A Mariña- Ortegal, conseguir e manter a estabilidade clínica das persoas con enfermidade mental e aumentar a sensibilización e e o coidado do medio mariño", explican.

Para elo, o proxecto contempla tres tipos de actividades diferentes: Un mar de diversión integración e cultura, onde se encadran actividades orientadas a disfrutar dun tempo de ocio activo e saudable que axude a eliminar pensamentos autolíticos e a sentirse produtivos; un mar de saúde, con actividades vinculadas ao coidado do mar, á sensibilización medioabiental e ao coidado da propia saúde; e un mar de coñecemento, con actividades vinculadas ao coñecemento das Confrarías de Ribadeo, Burela e Celeiro e das redeiras de Burela, así como de aspectos de interese ao longo da historia vinculandos co mundo do mar.

O proxecto 'Conecta co Mar. O mar é vida' conta cunha axuda da Consellería do Mar ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada polo Galp A Mariña Ortegal, ao amparo da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas ao grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027 e se convocan as correspondentes para o ano 2024, tramitada como anticipado de gasto ( código de procedemento PE155A).

0.18715405464172