A Asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha exposición en San Cibrao
AMariñaXa
A Asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha exposición na casa da cultura de San Cibrao. Poderase visitar ata o 31 de decembro

1 Dec 2021
A Asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha exposición na casa da cultura de San Cibrao. Esta mostra de artesanía poderase visitar ata o 31 de decembro en horario de 9.00 a 15.00 horas.
A mostra conta con pezas elaboradas a man polos usuarios dos dispositivos complementarios de atención á saúde mental de Ribadeo, Burela e Cervo.
Mañá será a inauguración que contará cunha invitada moi especial, María Tajes Alonso, xefa do servizo de Saúde Mental e Asistencia a Drogodependencias.
