A Asociación San Rosendo, de Barreiros, organiza a II Festa do Caldo

AMariñaXa
A Asociación San Rosendo, do Concello de Barreiros, organiza para o vindeiro 28 de xaneiro a II Festa do Caldo.
8 Xan 2023

A Asociación San Rosendo, do Concello de Barreiros, organiza para o vindeiro 28 de xaneiro a II Festa do Caldo.

Esta cita gastronómica e festiva será nos colexios vellos de San Miguel e os tiquets xa están á venda nos locais de San Miguel ata o mesmo día da celebración ou a membros da comisión.

A festa será a partir das 21.00 horas e contará cun menú a base de caldo, cocido, pan, auga e viño por un prezo de 14 euros, ademais Verónica Cambón porá a nota musical ás 23.00 horas.

0.058890104293823