A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza unha nova ruta
AMariñaXa
A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 16 de maio de 7,79 quilómetros.
14 May 2021
A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 16 de maio de 7,79 quilómetros que bordea o río Landro. Está declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
A saída será ás 10.00 horas da Estación de Autobuses de Burela.