A asociación Osorio Gutiérrez de Lourenzá fomenta a tradición con clases de baile e pandeireta
A Asociación Cultural Osorio Gutiérrez inaugura este curso 2024-2025 con actividades dirixidas tanto a nenos como a adultos a partir dos 3 anos. A proposta inclúe un mes de proba gratuíto, co obxectivo de achegar a música e a danza tradicional galega á comunidade. As clases impártense ao longo da semana en diferentes horarios.
Os martes é a quenda das clases de pandeireta para adultos a cargo de Elena para o nivel de iniciación. Os xoves de 18.00 a 19.30 horas terán naile e pandeireta Infantil, con opción de iniciación a cargo de Elena e perfeccionamento con Pedro Brañas. De 20.30 a 22.30 horas é a quenda do baile e pandeireta para Adultos, centrado no perfeccionamento, tamén con Pedro Brañas. Os venres se 19.00 a 20.30, haberá clases de gaita e percusión impartidas por Pablo Peláez.
A asociación invita a todas as persoas interesadas a obter máis información chamando ao teléfono 616 636 320. A oferta abrangue diferentes niveis e disciplinas, sempre coa intención de promover a cultura tradicional galega mediante o baile, a pandeireta, a gaita e a percusión.