A asociación O Torques de Marzán de Foz organiza o seu tradicional Magosto

Foz
AMariñaXa
A Asociación de veciños O Torques de Marzán organiza o tradicional magosto o vindeiro sábado 28 de outubro.
torques de marzan foz 2022
21 Out 2023

A Asociación de veciños O Torques de Marzán organiza o tradicional magosto o vindeiro sábado 28 de outubro. A celebración terá lugar a partir das 20.30 horas no local social.

O evento, no que non faltarán as castañas, será exclusivo para os membros da entidade. Torques de Marzán fundouse no ano 1994 collendo como nome o barrio onde naceu e co obxectivo de recoller as inquedanzas e propostas da veciñanza desta zona do Concello.

O San Xoán ou o Nadal son outras das celebracións que forman parte do calendario do colectivo.

magosto 2023 torques de marzan
0.13807702064514