A asociación O Picato de Trabada repartirá 5.000 euros en premios de Entroido

AMariñaXa
A asociación O Picato en colaboración co Concello de Trabada, ten aberto o concurso do cartel anunciador para o Entroido 2023
O picato Trabada 2024 cartel Jose Luis
O picato Trabada 2024 cartel Jose Luis
4 Feb 2024

A asociación O Picato informou que xa contan con cartel anunciador da festa de Entroido 2024. Así, o deseño de José Luis foi o escollido polo xurado para representar a festa e que levou un agasallo de 50 euros.

Nesta festa contarán con xantar e música e o desfile dará comezo as 18.00 horas que dará paso á festa, a gran verbena, e á entrega dos premios. Tamén venderanse rifas durante o desfile e no comezo da verbena para un sorteo.

Para participar é necesario anotarse online antes das 16.00 horas mandando un correo aasociacionculturalopicato@gmail.com. E presencialmente de 14.30 a 16.00 no salón de actos do colexio. A contía dos premios do desfile ascende a 5.000 euros a repartir entre todas as categorías.

0.15134501457214