A asociación O Picato escolleu o cartel anunciador do Entroido 2023

A asociación O Picato informou que xa contan con cartel anunciador da festa de Entroido 2023. Así, o deseño de Adriana foi o escollido polo xurado para representar a festa e que levou un agasallo de 50 euros.
Dende a asociación xa anunciaron que a festa como é costume será o derradeiro da Mariña, o sábado 4 de marzo.