A asociación O Picato de Trabada ultima os preparativos para a Cabalgata de Reis

AMariñaXa
A asociación O Picato de Trabada ultima os preparativos para a celebración da Cabalgata de Reis, que será o día 5 de xaneiro
nadal reis cabalgata 2
6 Dec 2021

A asociación O Picato de Trabada ultima os preparativos para as celebracións do Nadal, unha das súas responsabilidades anuais. Nesta ocasión están a preparar a Cabalgata de Reis, que será o día 5 de xaneiro a partir das 18.30 horas no centro cultural de Trabada.

En primeiro lugar os asistentes desfrutaran dunha actuación sorpresa e acto seguido celebrarase a chegada, recepción e xuntanza dos Reis Magos cos máis pequenos.

Despois todos os asistentes poderán desfrutar dunha chocolatada gratuíta que servirán no mesmo centro cultural. Todo isto, se a situación epidemiolóxica o permite.

0.083271980285645