A Asociación O Picato de Trabada organiza unha excursión ás Rías Baixas con visita a Combarro, O Grove e Toxa

AMariñaXa
A viaxe será o venres 10 de outubro con saída ás sete da mañá e regreso pola noite
Imaxe de O Grove
9 Sep 2025

A Asociación Cultural O Picato de Trabada prepara para o venres 10 de outubro unha excursión ás Rías Baixas, dirixida tanto a socios como a non socios, cun programa que combina gastronomía, cultura e paisaxe.

A saída está prevista ás 07:00 horas desde Trabada, con regreso arredor das 22:00 horas. O itinerario inclúe almorzo en ruta, un paseo polo casco histórico de Combarro e unha comida a bordo dun catamarán, onde se servirá unha mariscada ou, para persoas con alerxias, un menú alternativo de carne.

Xa na sesión da tarde, os participantes poderán desfrutar dun percorrido polo Grove e a illa da Toxa, dous destinos turísticos emblemáticos das Rías Baixas.

O prezo da viaxe é de 85 euros para socios e 100 euros para non socios, con todos os servizos incluídos. As inscricións estarán abertas ata o 7 de outubro, a través dos teléfonos facilitados pola organización.

Desde a Asociación O Picato destacan que esta iniciativa busca fomentar a convivencia e ofrecer unha ocasión para gozar con calma da beleza natural e cultural dunha das zonas máis visitadas de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.16832184791565