A Asociación O noso Foz busca rei ou raíña do Entroido 2024

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz informau que xa está aberto o prazo de inscrición para a elección de quen será o novo rei ou raíña do Entroido de Foz 2023.
ENTROIDO FOZ 2023  desfile 12
1 sep 2023

A Asociación O noso Foz informou que xa está aberto o prazo de inscrición para a elección de quen será o novo rei ou raíña do Entroido de Foz 2024.

"Despois deste intenso verán chegou a hora de despedir agosto e darlle a benvida á mellor época do ano, o Entroido", din dende o colectivo.

O único requisito é ter máis de 18 anos e anotarse antes do 15 de setembro. Para inscribirse hai que escribir ao correo electrónico onosofoz@gmail.com cos datos persoais e dúas ou máis fotografías recentes.

A elección terá lugar o 14 de outubro nun acto público do que darán máis información nos próximos días.

eleccion raina foz 2023
0.14979100227356