A asociación O Castelo de Alfoz convoca o certame das Letras Galegas 2023
Desde a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz convocan un ano máis o concurso co gallo das Letras Galegas e terá dúas modalidades, unha de narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo.
As características das modalidades serán a lingua galega, de temática libre e os traballos de narrativa non deberán ocupar máis de 4 caras. Na de debuxo será nunha
cartolina tamaño DIN A4.
Haberá catro categorías: A ata 5 anos, B de 6 a 8 anos, C de 9 a 11 anos, D de 12 a 16 anos (Serán os anos cumpridos no 2022). Os premios serán para os mellores traballos de cada modalidade e categoría.
O prazo de presentación dos traballos rematará o día 19 de maio de 2023. Os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición e entregar os traballos, xunto coa folla
grampada na parte de atrás deste, na biblioteca da Casa da Cultura de Alfoz ou escaneados mediante o correo electrónico asociacion.ocastelo@gmail.com co asunto
“Concurso Letras Galegas 2023” e con todos os datos que se piden na folla de inscrición. Se se escolle esta última opción deberase conservar o traballo físico que será requirido no caso de gañar un premio.