A Asociación Mulleres e Homes do Rural de A Pontenova organiza clases de Patchwork e costura creativa

AMariñaXa
A formación terá lugar no local da asociación e contará con prezos especiais para socios
Imaxe de costura creativa
14 sep 2024

A Asociación Mulleres e Homes do Rural de A Pontenova, en colaboración co Concello, pon en marcha unhas clases de Patchwork e costura creativa. Esta formación, dirixida a todas aquelas persoas interesadas en mellorar as súas habilidades de costura, desenvolverase no local da asociación, situado na Rúa da Feira, 32.

As clases terán unha duración de 2 horas e 30 minutos, aínda que os días e horarios exactos están por determinar. O prezo da actividade será de 35 euros para socios da asociación e 40 euros para non socios.

As persoas interesadas en obter máis información ou en inscribirse poden contactar a través do teléfono 697 221 869.

WhatsApp Image 2024-09-10 at 08.36.31
0.15504097938538