A asociación Mulleres de San Ciprián celebra o San Andrés
AMariñaXa
Unha festa que terá lugar o día 30 de novembro
16 Nov 2024
A asociación Mulleres de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, presenta o cartel do que será a Festa de San Andrés.
Será o 30 de novembro nunha xornada que dará comezo ás 12.30 horas coa Misa na Capela de San Andrés, para que posteriormente a partir das 14.30 horas teña lugar o xantar no restaurante o Noso Lar.
Desde a organización comentan que os tickets se poderán adquirir no propio restaurante e animan a non perder a cita.