A asociación Irmáns Vilar Ponte de Bravos, en Ourol, organizan un magosto

AMariñaXa
A Asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, no Concello de Ourol, organiza para o vindeiro sábado 26 de novembro un magosto .
magosto bravos ourol 2022
magosto bravos ourol 2022
24 Nov 2022

A Asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, no Concello de Ourol, organiza para o vindeiro sábado 26 de novembro un magosto popular.

Esta cita festiva será a partir das 21.00 horas e haberá chourizos, torreznos, cachelos e bebida, ademais do manxar do outono, e todo elo de balde.

Tamén informan que a continuación haberá un gran baile para desfrutar da festa e despois será o sorteo dun televisor de 32 pulgadas.

magosto bravos 2022
0.14612889289856