A Asociación Irmandade San Caetano, de Barreiros, organiza a Tarde de Reis nas escolas

AMariñaXa
A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebrará a chegada dos Reis Magos este vindeiro día 5 de xaneiro
4 Xan 2024

Os Reis Magos chegarán a Celeiro de Mariñaos este venres día 5, ás 5 da tarde, e a primeira parada será nas Escolas, onde a Asociación Cultural e Veciñal Irmandade San Caetano organiza a tradicional Tarde de Reis para público infantil e adulto, coa actuación do mago Martín Camiña. Haberá tamén reparto de agasallos e chocolatada e roscón.

Desde Irmandade San Caetano convidan a toda a veciñanza de Celeiro de Mariñaos e arredores a a asistir e desfrutar desta entrañable tarde.

0.10405802726746