A Asociación Deportiva de veteranos do Ribadeo FC fixo unha doazón aos empresarios

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Apr 2020

A Asociación Deportiva de veteranos do Ribadeo FC vai doar 1.000 máscaras hixiénicas ao colectivo empresarial de Ribadeo e 1.200 euros para a realización de campañas que fomenten o consumo nos establecementos asociados.

A directiva de Acisa Ribadeo celebrou unha xunta directiva extraordinaria nas últimas horas para valorar a situación e o futuro que se aveciña para os seus asociados e asociadas. Nese encontro o presidente da asociación, Francisco Iriarte, informou á xunta da decisión dos Veteranos do Ribadeo FC de doar 1.000 máscaras hixiénicas e 1.200 euros para dinamizar a economía local.

Segundo indicaron “desde Acisa Ribadeo estamos moi agradecidos por esta doazón. É sen dúbida un xesto moi importante e queremos valorar de xeito moi positivo o esforzo que economicamente supón para a Asociación de Veteranos. As máscaras, reutilizables e con todas as garantías técnicas e de saúde, calculamos que estarán aquí a principios do vindeiro mes de maio e repartirémolas entre os comercios que para entón poidan estar abertos, tanto para o seu persoal como para os seus clientes. Respecto á doazón de 1.200 euros investirémolos en premios en futuras campañas de dinamización comercial e hostaleira, para que revertan integramente nos nosos asociados e asociadas”.

Desde a Asociación de Veteranos do Ribadeo FC sinalaron que “esta doazón non é mais que un pequeno agradecemento a Acisa como unha das entidades que anualmente nos axuda no noso torneo en Ribadeo así como ás decenas de comercios e locais hostaleiros, que tamén o fan posible coas súas achegas e colaboracións”.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo repartirá xa esta semana 800 mascarillas, que foron adquiridas por Acisa a través da Federación Galega de Comercio. “Serán distribuídas a finais desta semana entre os negocios asociados, que están traballando como servizos esenciais que son”, destacan desde a directiva do colectivo empresarial. Acisa contará así con estas primeiras 800 mascarillas, ás que seguirán as 1.000 da doazón dos Veteranos do Ribadeo FC e o novo pedido que realizará a asociación para telas listas cando a situación se vaia normalizando.

Acisa anunciou ademais que realizará un pedido de máis máscaras, xeles hidroalcohólicos e luvas que a asociación está a ultimar, para prover en primeiro lugar aos establecementos que xa están abertos e para entregar a todos os que poidan abrir segundo se produza a desescalada programada polo Goberno.

A directiva de Acisa considera que “é importante que todos os asociados conten con material hixiénico e de protección para cando isto termine, xa que é de supoñer que será un requisito ou obrigación utilizalos. Por iso esperamos que para a primeira quincena de maio todo o material estea aquí, e así poder axudar aos nosos socios e socias. Queremos que a volta a esta normalidade que se aveciña non lles custe diñeiro. Ademais, xunto con este material, repartiremos guías e cartelería coas normas que as autoridades determinen para a reapertura”.

A cota de maio non se cobrará

A xunta directiva da patronal ribadense aprobou eximir do pago da cota de maio aos seus socios e acordou estudar unha nova política de cobranzas excepcional polo menos ata setembro. Desde Acisa subliñan que “dada a situación actual non é momento de pasar recibos. Nas vindeiras semanas estudaremos as posibles medidas a levar adiante”. En abril a asociación ribadense xa non pasou ao cobro as cotas deste mes, tal e comDende Acisa engaden que “do mesmo xeito que fixemos coas medias anunciadas polo Concello de Ribadeo, tamén valoramos positivamente as propostas do grupo popular municipal para o noso colectivo. Todas as iniciativas serán benvidas e valoradas, son tempos para facer un esforzo colectivo e coordinado. A inxección de diñeiro a través de axudas a empresas e á economía local, a promoción e dinamización comercial serán esenciais de aquí a finais de ano”.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte Quintana, subliñou que “en Acisa seguimos traballando sen descanso, a parte do traballo e das medidas anunciadas ata o de agora, trasladamos xa ao Concello, co fin de analizalo nun pronta reunión, un proxecto elaborado por nós, con medidas, propostas, decisións e actividades a desenvolver nos próximos meses. Queremos lembrar que son esenciais as axudas a empresas, pero tamén o será o fomento do consumo local, tal e como lles facemos chegar no documento con quince propostas a estudar. Neste sentido cremos que Acisa ten un papel fundamental, pero para realizalo necesitaremos tamén axuda económica, sen ela nada do que propoñemos se poderá facer. Os nosos orzamentos xa non serven, estamos a perder ingresos e facendo fronte a gastos tamén excepcionais, por iso a colaboración das administracións faisenos imprescindible. Pedimos ao Concello de Ribadeo, á Deputación de Lugo e á Xunta de Galicia que se involucren e fagan un esforzo orzamentario connosco, e co resto de asociacións como a nosa, para que os que máis coñecemos as necesidades de comercio e da hostalería poidamos poñernos a traballar canto antes en medidas e actividades nun ano que xa é excepcional e atípico”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17883515357971