A asociación de xubilados da Pontenova participa nunha xuntanza en Pol

AMariñaXa
Poñerán autobús dende o concello, que ten un custo de 15 euros, e sairá dende a praza Os Fornos
A-Pontenova-praza-dos-fornos
7 Xuño 2024

A Asociación de Xubilados Val de Miranda participa nunha xuntanza en Carballeira de Mosteiro (Pol) o vindeiro 20 de xuño. Haberá misa ás 13.00 horas, xantar ás 14.00 horas e tamén un grupo musical. Os interesados poden recoller o seu tíquet na Librería Eugenia por un prezo de 30 euros para o xantar. Poñerán autobús dende o concello, que ten un custo de 15 euros, e sairá dende a praza Os Fornos ás 12.00 horas da mañá e regresará á última hora da tarde.

0.14899182319641