A Asociación de Veciños San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabón

AMariñaXa
A Asociación de Veciños San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabón o vindeiro sábado 4 de febreiro de 17.
28 Xan 2023

A Asociación de Veciños San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabón o vindeiro sábado 4 de febreiro de 17.00 a 20.00 horas na escola do Vilar.

Este curso terá teoría, materiais, e práctica e ten un prezo de 10 euros. Para participar será necesario anotarse no teléfono 649 418 902.

É unha actividade dirixida a público adulto e servirá para aprender a reutilizar o aceite de cociña usado e darlle unha nova vida como xabón, actividade tradicional que queremos recuperar e con ela concienciar da importancia da correcta separación de residuos e o seu depósito no lugar axeitado os contedores de aceite municipais ou mellor aínda, a súa reciclaxe.

0.1822509765625