A Asociación de Veciños “O Vencello” reclama melloras na seguridade da Ribeira do Perdouro en Burela

AMariñaXa
A asociación reclama que se tomen medidas urxentes para garantir a seguridade dos visitantes
vencello-burela
11 Jul 2025

A Asociación de Veciños “O Vencello” de Burela lanza un aviso público ante a falta de seguridade e as carencias na conservación da Ribeira do Perdouro, un dos lugares máis emblemáticos do municipio, que combina unha área xeolóxica e unha praia.

Nun escrito dirixido “a quen corresponda”, a asociación pon en cuestión a seguridade no acceso a este espazo, sinalando que “non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo”. Ademais, reclaman a instalación dunha papeleira fixa na zona co obxectivo de “mellorar a conservación do espazo”, unha medida que consideran necesaria para manter limpo e respectado o contorno natural.

Outro dos puntos que destacan é o risco que supoñen os eucaliptos situados no cantil, que “representan un perigo evidente, tanto pola súa inestabilidade como polo risco que supoñen para as persoas”. A Asociación reclama, así, que se tomen medidas urxentes para garantir a seguridade dos visitantes e preservar un dos recunchos máis valorados do municipio.

 

⚙ Configurar cookies
0.15745186805725