A asociación de veciños de Órrea reúnese para o cambio de directiva
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, celebra este domingo, 7 de agosto, a súa asemblea anual no local social da Travesa.
O obxectivo da mesma é a elección dunha nova xunta directiva, para cuio trámite está aberto o prazo de presentación de candidaturas para o momento mesmo da votación.
Previamente, a directiva actual dará conta do informe de xestión co estado actual da asociación, as actividades realizadas e o número e novos socios. Así mesmo, presentará o informe económico co orzmento para o período 2022/23.
Trala renovación da directiva abrirase un debate sobre as necesidades actuais da parroquia e a posta en común de propostas de actuación para o novo ano. Así mesmo pecharase a organización dunha excursión á Ribeira Sacra que terá lugar o día 13 dentro do programa Saborea a túa Provincia. As persoas interesadas en participar poden comunicalo á asociación antes dese día.