A Asociación de Veciños de Mor organiza unha excursión pola Terra Chá

AMariñaXa
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo organiza un magosto
17 Mar 2024

A Asociación de Veciños de Mor organiza para o domingo 28 de abril unha excursión para todos os veciños e veciñas e para todos aqueles que queiran gozar dunha agradable xornada.

A ruta fará a súa saída pola mañá en autobús dende Alfoz, parará na feira de Meira, visitará o Museo e Castro de Viladonga en Castro de Rei, e despois será o xantar no Restaurante Río Lea en Castro Ribeiras de Lea.

Xa pola tarde haberá unha visita guiada á Fortaleza de San Paio de Narla en Friol e volverase a Alfoz.

O prezo da excursión é de 25 euros para os socios, 35 para os que non o sexan e 15 euros para nenos de menos de 12 anos. O prezo inclúe a viaxe en autobús, as visitas anteriormente mencionadas e a comida.

Hai prazas limitadas polo que é necesario reservar chamando ao 657 109 592 antes do 23 de abril.

0.19517517089844