A Asociación de Veciños de Lieiro reúne á parroquia na súa tradicional comida anual

AMariñaXa
A alcaldesa destacou o labor constante da entidade e a importancia de manter vivo o espírito participativo
xantar-anual-Lieiro-Cervo-2025
24 Nov 2025

A Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro celebrou este domingo a súa tradicional comida anual, unha cita que cada ano congrega á veciñanza nun ambiente de convivencia, amizade e sentimento comunitario.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo acompañar á asociación nesta xornada especial e transmitiu unhas palabras de agradecemento pola invitación. Sinalou o “enorme esforzo que realiza a entidade durante todo o ano para manter vivas as actividades, reforzar a cohesión social e promover o espírito participativo da parroquia”.

Ao longo do encontro fíxose fincapé no labor desinteresado das persoas que colaboran de forma continua na organización de iniciativas como esta, que fortalecen vínculos e contribúen a preservar tradicións que forman parte da identidade colectiva de Lieiro e do municipio.

A xornada desenvolveuse nun ambiente próximo e familiar, con boas conversas, reencontros e momentos compartidos entre veciñas e veciños de diferentes xeracións. A celebración estendeuse pola tarde cun novo guateque de arruguiñas, que puxo o toque musical e festivo da man de Doble B. A súa actuación animou a grandes e pequenos, enchendo o espazo de alegría e bo humor.

Un día completo, cargado de emocións, participación e comunidade. A Asociación de Veciños quixo agradecer a todas as persoas que contribuíron a facer posible esta nova edición dun encontro que xa é unha tradición moi agardada en Lieiro.

⚙ Configurar cookies
0.07074499130249