A Asociación de Veciños de Carballido, en Alfoz, prepara a festa de San Sebastián
A Asociación de Veciños de Carballido en colaboración co Concello de Alfoz, prepara a festa na honra de San Sebastián para os vindeiros 18 e 19 de xaneiro.
Adrio de Carballido será o lugar de celebración desta tradicional festa, que contará cunha carpa climatizada para maior comodidade dos asistentes.
Así, o sábado 18 a partir das 13.30 horas haberá unha misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo grupo La Tremenda. Pola noite será a quenda da gran verbena coa actuación de novo do grupo La Tremenda e a Discomóbil Conxuro.
Na xornada do domingo 19 volverá a misa ás 13.30 horas seguida da procesión e unha espectacular macro sesión vermú coa música de Xilo & Carlos. Durante as sesións vermú do sábado e do domingo, serviranse tapas de callos para todos os asistentes.