A Asociación de Veciños da parroquia do Carmen, en Mondoñedo, organiza un cocido
AMariñaXa
A A.C. Pasatempo organiza unha nova edición da Festa da Árbore que conmemora a primeira plantación de árbores na Alameda dos Remedios
12 Feb 2024
A Asociación de Veciños da parroquia do Carmen en Mondoñedo organiza para o vindeiro 24 de febreiro un cocido.
Esta cita gastronómica tan típica destas datas será na Taberna do Valeco ás 14.30 horas e contará cun menú de sopa de cocido, cocido e sobremesas de entroido.
Ao remate haberá sorteo de agasallos.
O prezo por asistir é de 28 euros para os socios e 32 para os que non o sexan. E será necesario anotarse antes do 19 de febreiro chamando ao 686 511 770.