A Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro fará unha excursión co programa Coñece a túa provincia
Dende a Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro veñen de informar que participarán no programa da Deputación Coñece a túa provincia. A excursión que realizarán será o día 21 de abril e conta con 23 prazas.
A saída farase dende a estación de autobuses de Viveiro, ás 8.40 e a primeira parada será a Castro Ribeiras de Lea para poder visitar a Granxa Gayoso Castro. Máis tarde seguirán o camiño cara Monforte de Lemos para visitar o Pazo de Tor, o casco histórico, o colexio do Cardeal e Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Dentro dos servizos están incluídos o transporte, un guía acompañante, o xantar que consta dun menú con primeiro e segundo prato, sobremesa, café ou infusión e bebidas, ademais das entradas aos lugares de visita e o seguro de viaxeiros.
Pode reservar praza calquera que pertenza á asociación e esté ao día co pago das cotas, tan só terá que chamar ao teléfono 606 710 671. As prazas iranse adxudicando po orde de petición.