A Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro acude á Valedora do Pobo
AMariñaXa
Dende a Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro veñen de trasmitir a súa "indignación e consecuente preocupación e alarma
6 Maio 2023
Dende a Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro veñen de trasmitirque estiveron a realizar os trámites pertinentes perante a Valedora do Pobo para "facerse escoitar respecto ao ruído e gamberrismo que acontece no Casco Antigo de Viveiro e o desleixo do Concello ante ante a agrupación ao non respostar aos innumerables escritos presentados pola mesma".
Con data de 28 de abril a Valedora comunicou á asociación que, "unha vez estudiado o expediente, foron admitidas a trámite as súas demandas e inician as actuacións oportunas ante o Concello de Viveiro para obter información sobre o asunto nun prazo de 15 días".