A Asociación de Veciños Camiño de Galdo presentou o programa da Festa do Entroido

AMariñaXa
A Asociación de Veciños Camiño de Galdo presentou o programa da Festa do Entroido que organiza coa colaboración do Concello.
Entroido Galdo Viveiro 2023 1
Entroido Galdo Viveiro 2023 1
9 Feb 2023

A Asociación de Veciños Camiño de Galdo presentou o programa da Festa do Entroido que organiza coa colaboración do Concello. A cita na parroquia viveirense ten o seu día grande o 25 de febreiro, xornada na que celebrará o Sábado de Piñata cunha festa que inclúe a actuación do Grupo Folixa de Asturias.

Dende as 22.30 horas comezará unha festa de entrada libre na que non faltarán os concursos de disfraces tanto individuais, como por parellas e grupos, así como as lambetadas e doces propios desta época de entroido.

Tamén en San Pedro celebrarán o sábado 18 unha festa de Antroido a partir das 21.00 horas con baile a cargo do dúo Caramelo. Contarán con pinchos e premios para os mellores disfraces.

Esta cita está organizada pola asociación Fontes Claras.

0.091434001922607