A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá programa a Ruta Fraga Vella

AMariñaXa
Percorrerán unha distancia duns 12 quilómetros de dificultade media, con opción a facer a ruta máis curta duns 8 quilómetros
senderismo_terras_de_lourenza
Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá
29 Xuño 2024

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá presenta a ruta para o mes de xullo. Farán a Ruta Fraga Vella, un percorrido circular dende Labrada e que pasará por Guilfonso. A cita, que terá saída ás 8.00 no Cantón de Vilanova, será o vindeiro sábado 6 de xullo. Percorrerán unha distancia duns 12 quilómetros de dificultade media, con opción a facer a ruta máis curta duns 8 quilómetros.

Ao rematar, xantarán no restaurante Niza en Abadín. Os interesados poden realizar a súa inscrición antes das 14.00 horas do 4 de xullo a través dos 699 706 031 ou do 619 378 029. Ten un prezo de 25 euros para socios e de 30 para os non asociados.

ruta_sendeirismo_lourenza
0.20117592811584