A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra o Día do Socio

AMariñaXa
Farán a ruta Val da Faba, un percorrido duns 10 quilómetros e de dificultade baixa
senderismo_terras_de_lourenza
26 Xul 2024

A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un ano máis o Día do Socio, unha xornada para desfrutar desta práctica. A cita, que chega a súa décimo primeira convocatoria, será o sábado 3 de agosto e farán a ruta Val da Faba. A saída está prevista para as 18.00 horas no recinto feiral de Vilanova.

Trátase dun percorrido duns 10 quilómetros e de dificultade baixa, aínda que se recomenda levar chaleco reflectante. Ao rematar, cearán no recinto feiral de Vilanova. Os interesados poden inscribirse ata as 14.00 horas do 31 de xullo no 619 378 029 e no 619 828 784. É unha actividade de balde para os socios.

0.11515402793884