A asociación de Santa Comba da Órrea arranca o Nadal co acendido de luces este domingo
TerraChaXa | AMariñaXa
O evento contará cunha merenda gratuíta para todos os asistentes, así como co sorteo dunha cesta
11 Dec 2024
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea organiza o tradicional acendido das luces de Nadal, que terá lugar o 15 de decembro de 2024 ás 18:00 horas no local social A Travesa. O evento contará cunha merenda gratuíta para todos os asistentes, así como co sorteo dunha cesta de Nadal.
Baixo o lema A túa presenza marca a diferenza, únete?, a organización anima a veciños e visitantes a participar nesta celebración comunitaria que marca o inicio das festividades do Nadal.
A actividade é aberta e de balde, fomentando a unión e o espírito festivo entre os participantes.