A asociación de produtores de faba verdina inicia a súa actividade en novas instalacións en Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 sep 2019

A Asociación de Productores de Faba Verdina de Galicia presentou as súas novas instalacións, nun acto presidido pola alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia. O proxecto contou dende os inicios co apoio da Consellería de Medio Rural e do Concello de Mondoñedo. A nova nave de Verdina de Galicia, sita no mindoniense Barrio de San Lázaro, albergará tanto súas oficinas da agrupación de productores, como un Centro de Xestión de faba fresca.

Unha vez rematadas as labores de acondicionamento, consistentes na preparación dos distintos espacios de traballo, dará comenzo inmediatamente a actividade de xestión de faba fresca, que se desenvolverá en colaboración con dúas das principais comercializadoras deste produto a nivel nacional, e que se levará a cabo íntegramente nas instalacións de Verdina de Galicia.

A faba fresca é un producto con moita demanda no mercado, e nesta época do ano está no seu momento álxido pois ven de ter lugar a súa colleita. As instalacións de Verdina de Galicia permanecerán abertas para a recepción de faba fresca, de luns a venres en horario de 9 a 13 horas, e o sábado pola mañá previa cita. Posteriormente sométese o producto a un control de calidade según os estándares das distintas empresas comercializadoras, para posteriormente pesar o producto e envasalo, permanecendo dende este momento almacenado en cámaras frigórificas á espera de ser expedido, saíndo das instalacións a cargo da empresa comercializadora e nas cantidades que ésta requira. 

A Asociación de Productores de Faba Verdina de Galicia naceu a pasada primavera co obxetivo de apoiar e promocionar a actividade dos productores desta faba e coa vista posta na súa comercialización directa, tanto no mercado galego como a nivel nacional. Está constituida por productores de Mondoñedo, Trabada e Lourenzá. A Mariña lucense é precisamente unha referencia na producción deste tipo de fabas, debido á idoneidade do solo e o clima. 

Precisamente a primeira labor da Asociación foi poñer en marcha a marca Faba Verdina de Galicia, que permitirá ós consumidores coñecer a súa orixe e que é garantía do bo facer destes productores da Mariña. Neste proxecto contaron tamén co apoio do Concello de Mondoñedo, que busca deste xeito contribuir á dinamización do sector primario do municipio e da Mariña en xeral, apoiando proxectos que reforcen a imaxe dos seus productos agroalimentarios. 

0.18058395385742