A Asociación de Pesca Recreativa de Burela reúne a preto de 150 socios na súa terceira Comida de Confraternidade

A Asociación de Pesca Recreativa de Burela viviu unha xornada especial coa celebración da súa terceira Comida de Confraternidade, que congregou a un número moi elevado de participantes. O evento serviu non só para compartir mesa e fortalecer vínculos, senón tamén para conmemorar dous fitos significativos: o terceiro ano de existencia da entidade e a chegada ao centenar de socios, unha cifra que seguiu medrando ata situarse hoxe preto dos 150.
Dende a directiva expresaron o seu agradecemento a todas as persoas que forman parte do proxecto. “Queremos felicitar e dar as grazas a cada un dos socios pola súa implicación e colaboración, porque grazas a eles esta iniciativa continúa crecendo”, sinalaron. Tamén remarcaron o compromiso da asociación por seguir traballando con ilusión: “Pola nosa banda, faremos todo o posible para que isto siga adiante, convencidos de que a unión de persoas é sempre a mellor maneira de acadar calquera obxectivo”.