A Asociación de Pesca Recreativa Burela, preto de acadar o centenar de socios
A Asociación de Pesca Recreativa Burela aproxímase a acadar a cifra dos 100 socios, pasando tamén a formar parte das asociacións rexistradas no Concello de Burela. Este é un gran motivo de orgullo para todos os que forman parte deste proxecto.
Unha proba disto é como os socios locen a camiseta da entidade máis alá das nosas fronteiras, en cidades tan distantes da propia Burela como poden ser Roma, Barcelona, Madrid ou Granada, promocionando así non só a asociación, senón tamén levando o nome do noso pobo.
O colectivo mariñán continúa a dinamizar a súa proposta de actividades e asegura así a súa continuidade, á vez que reforza a súa aposta pola defensa e a posta en valor da actividade pesqueira e segue loitando por conseguir máis zonas de pesca nos muelles. Dende a Asociación de Pesca Recreativa Burela agardan que o proxecto siga medrando e danos as grazas aos socios pola súa implicación e colaboración.